top of page

Datos de Covid das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, deste luns 1 de marzo

Comenzamos o mes con cifras baixas en xeral


Laura Moure

LUNS 1 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca


Comezamos o mes de marzo informando dos casos de coronavirus que seguen tendendo á baixa nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, luns 1, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. Rodeiro, Dozón, Antas de Ulla, Santiso e Monterroso non rexistran novos afectados e gran parte dos concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos. Pero é necesario seguir sendo prudentes e tomar todas as precaucións para que poidamos vencer a este virus e que os afectados non volvan ascender.

Na comarca arzuana, Arzúa descende de 10 e sitúase tamén cunha taxa de entre 1 e 9 afectados, rango no que se atopan desde hai días O Pino, Touro e Boimorto. Cabe lembrar que Arzúa está no segundo nivel de restrincións e o resto, no terceiro.


Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro continúan con cero afectados novos. Lalín rexistra un ascenso lixeiro con respecto a onte e pasa de 15 a 16 e o Concello de Silleda ten 21 casos activos, xa que de momento non trascendeu o número exacto de hoxe. E Vila de Cruces e Agolada seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Todos estes concellos están no nivel tres.


Na comarca Terra de Melide, unha xornada máis tres municipios seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados: a localidade melidense, Sobrado dos Monxes e Toques. Mentres que en Santiso segue sen rexistrarse ningún novo caso. De aquí Toques figura no primeiro nivel, Sobrado, no segundo, e o resto no mínimo.

Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, contabiliza un día máis cero casos novos o igual que Monterroso e Palas de Rei segue cunha escala de entre 1 e 9 casos. Todos están no nivel mínimo, é dicir, no terceiro.

Fonte: Ecos da Comarca

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page