Para participar nesta actividade é necesaria inscrición previa
Ecos da Comarca/Melide/Palas de Rei
O uso dos caixeiros automáticos e da banca electrónica pode xerar moitas dúbidas entre as persoas maiores de 65 anos. Para resolvelas, Cruz Vermella e ABANCA veñen de comenzar unha colaboración dirixida a mellorar a formación dixital deste colectivo en diferentes localidades de Galicia dende agora e durante 2024. Ofreceránse dous tipos de sesións formativas para explicar o seu uso dunha forma segura e sinxela; animar a que tódalas persoas interesadas expoñan os problemas cos que se atopan no seu día a día e lograr que resolvan tódalas súas dúbidas.
Esta colaboración, que amplía o plan de formación e capacitación dixital de persoas
maiores en zonas rurais que desenvolve o banco desde marzo de 2022, dará comezo en
Lalín con dúas charlas: unha o martes 21 de novembro e outra o martes 28, en horario de
10:30 a 13:00 horas, na Asemblea de Cruz Vermella en Lalín (R/ Nuno Eanes de Cercio, 44 36500, Lalín) e no caixeiro de ABANCA situado nas proximidades. Para participar nesta
actividade é necesaria inscrición previa. As persoas interesadas poden solicitar máis
información chamando ó 986 78 25 81, ou a través do correo electrónico lalin@cruzroja.es
Publicidade
Os contidos destas charlas, que son gratuítas e serán impartidas por persoas voluntarias de ABANCA e Afundación, versarán, entre outros temas, sobre as operacións que se poden realizar nun caixeiro automático (retirada de efectivo, consultar o diñeiro dispoñible, domiciliar recibos, realizar ingresos, etc); como usar as tarxetas; así como consellos de seguridade imprescindibles á hora de usar os caixeiros e as tarxetas.
Publicidade
Ambas entidades plántanlle cara á exclusión financeira e a brecha dixital e apostan por
formar ás persoas maiores en banca dixital para que poidan facer uso dos caixeiros
automáticos para acceder as súas contas, de maneira que ganen autonomía.
A brecha dixital é un asunto especialmente preocupante, pois un dos últimos boletíns
publicados por Cruz Vermella apunta que o 73,4% das persoas maiores enquisadas non
accede nunca a Internet. A cifra, ademais, ascende no caso de persoas maiores que viven
soas involuntariamente (79,2%) e no caso das mulleres de máis de 80 anos (89,9%). A
miúdo, as maiores dificultades débense á carencia de recursos tecnolóxicos, redes
sociais e familiares, ou a escaseza de competencias dixitais. Polo que a formación é
unha das claves da Organización, ofrecendo, ademais deste tipo de charlas, por exemplo,
talleres para o manexo do uso do móbil e das novas tecnoloxías.
Comments