top of page

Cruces celebrará a súa xuntanza anual das persoas maiores nas Insuas de Gres o 30 de xullo

A inscrición estará aberta nas dependencias municipais desde hoxe ata o 17 de xullo


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces organizará o mércores, 30 de xullo, a 32ª Xuntanza das Persoas Maiores de Vila de Cruces, nas Insuas de San Ramón na parroquia de Gres. Desde o Concello explican que esta xornada é unha oportunidade para compartir recordos, alegrías e bos momentos con quen foron e seguen sendo “exemplo de

entrega, esforzo e sabedoría”. Tamén a xornada será unha forma de renderlle unha

pequena homenaxe ás persoas maiores, desfrutar dunha comida en boa compañía e

fortalecer os lazos que nos unen como comunidade.

A concelleira Mireya Otero, o alcalde Luís Taboada, e a concelleira Noemi Lois co cartel da cita.
A concelleira Mireya Otero, o alcalde Luís Taboada, e a concelleira Noemi Lois co cartel da cita.

O día da xuntanza, a recepción das persoas asistentes será ás 12:30 horas nas Insuas

de Gres. A continuación, ás 12:45 horas, actuará o músico Carlos Manteiga. Ás 13:00

horas celebrarase unha misa e, de seguido, ás 13:30 horas, o xantar de convivencia

cun exquisito menú a base de empanada, polbo, carne ao caldeiro, postre, bebida e

café. Finalmente, farase unha homenaxe á muller e ao home de máis idade e

celebrarase un sorteo de agasallos. A xornada pecharase cun gran baile. En caso de

chuvia, a comida realizarase no pavillón municipal de Cruces.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A xuntanza terá aforo limitado, polo que será imprescindible inscribirse. O período de

inscrición estará aberto desde hoxe, venres, 4 de xullo, ata o xoves, 17 de xullo, no

departamento de Servizos Sociais do Concello de Cruces.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O xantar terá unha tarifa xeral de 25 euros, aínda que as persoas de 60 ou máis anos

empadroadas no municipio accederán a unha tarifa reducida de 15 euros, mentres que

para os nenos e nenas de 0 a 5 anos a entrada será de balde. O custo da entrada

deberá abonarse na conta ES38 0030 6052 3108 7000 9271. Co xustificante de pago

poderanse retirar as entradas no Concello do 4 ao 17 de xullo. Ademais, contarase con

servizo de transporte gratuíto para trasladarse ás Insuas de Gres.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page