top of page

Cruces aproba a apertura do proceso de licitación e adxudicación do SAF por case 4,5 millóns € para os vindeiros 5 anos

O prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas estará aberto ata o 3 de xuño


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O equipo de goberno do Concello de Vila de Cruces aprobou a apertura do proceso de licitación e adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) por un período inicial de tres anos, prorrogable por outros dous, e cun valor estimado de contrato de case 4 millóns e medio de euros. Para a elaboración dos pregos necesarios, o Goberno municipal, liderado por Xuntos, tivo en conta a todas as partes implicadas, desde o persoal técnico, ata representantes sindicais e agrupacións políticas. O obxectivo do Goberno municipal, liderado polo alcalde Luis Taboada, é claro, “responder ás necesidades das persoas en situación de dependencia e das persoas profesionais que exercen os coidados”.

"A aportación do Concello en 2016, cun goberno cruceño do Partido Popular, foi de cero euros e no 2018 de 12.000 euros. Pola contra, o equipo de Xuntos destinará ao Servizo de Axuda no Fogar máis de 300.000 euros de fondos propios, é dicir, asumirá un gasto 27 veces superior ao de 2018, o que supón un extraordinario esforzo económico dirixido a un dos colectivos máis vulnerables, o das persoas maiores e dependentes”.


O Concello solicitoulle por escrito á Xunta de Galicia “unha maior colaboración no cofinanciamento do Servizo de Axuda no Fogar, xa que actualmente a contía atópase conxelada nos 12 euros”, pero aínda non obtivo resposta.


Publicidade

A pesar de tratarse dunha competencia autonómica, o Goberno municipal pon de releve que sexa o Concello o que realiza o maior esforzo por manter e mellorar o SAF. Tamén destaca que a Xunta de Galicia tampouco ofrece un número de prazas suficientes nas residencias públicas para maiores acorde á demanda. É por isto que o goberno crucense solicitoulle por escrito a Xunta de Galicia “unha maior colaboración no cofinanciamento do Servizo de Axuda no Fogar, xa que actualmente a contía atópase conxelada nos 12 euros”. Pasadas cinco semanas desde esta comunicación, o Concello aínda non obtivo resposta da Administración Autonómica. O rexedor, Luis Taboada, lamenta “a falta de apoio da Xunta de Galicia á hora de velar polo benestar dos nosos maiores, aos que tanto lles debemos.”


O prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas estará aberto ata o vindeiro 3 de xuño. O novo contrato supón un cuantioso incremento do prezo por hora

deste servizo. En concreto, ascende a 23,31 euros para a modalidade Dependencia e a

24,65 euros para a modalidade Libre Concorrencia, roldando os 27 euros para as horas extraordinarias. “Estas cifras supoñen un incremento de máis do 50% con respecto aos

prezos anteriores” –explica o alcalde–.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page