A dupla Vilariño-Míguez chega ao arranque do Campionato
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Tras o triunfo logrado no Rallye do Bierzo o pasado mes de febreiro, o palense Luis Vilariño chega coa moral moi alta ao Rallye da Coruña, que se celebrará esta fin de semana e na que o Vilariño Team competirá a bordo do seu Skoda Fabia R5.
Publicidade
A proba herculina arrincará na mañá do venres cun shakedown de tres quilómetros que servirá para poñer a punto os reglaxes do vehículo, posteriormente os máis de cen equipos rexistrados desprazaranse á Praza de María Pita onde terá lugar a multitudinaria cerimonia de saída.
Publicidade
O sábado, a organización trazou un percorrido de catro tramos a dobre pasada, onde un deles será totalmente novo, mentres que o resto do percorrido será o mesmo que a pasada tempada. O propio Vilariño mostraba o seu entusiasmo: “Correr na Coruña é sempre especial, xa que é onde resido desde hai moitos anos, e xa case se podería dicir que é case como a nosa carreira de casa. O poder gozar da cerimonia de saída en María Pita é algo único, e o mesmo pasa co podio final, no que pelexaremos por estar na noite do sábado. Vai ser unha fin de semana intensa, xa que o nivel no Campionato Galego de Rallies é moi alto tanto en canto a vehículos como a pilotaxe, así que sempre é un reto medirse aos mellores. No noso caso o obxectivo é tentar pelexar polos postos de cabeza, e demostrar que os nosos pneumáticos Hankook son realmente competitivos, a previsión actual augúranos unha xornada complicada con posibles choivas durante a xornada, o que pode complicar moito os tramos.
Σχόλια