top of page

Cornado Mina Non considera que o novo proxecto de Cobre San Rafael para a mina de Touro é inviable

Ecos da Comarca/Touro

A Asociación Veciñal Cornado Mina Non continúa en loita contra a mina de Touro. Considera que o novo proxecto da empresa Cobre San Rafael para esta mina é "social e ambientalmente inviable".


Comunicado íntegro de Cornado Mina Non

O colectivo veciñal considera unha auténtica "tomadura de pelo" que as dúas empresas promotoras do plan mineiro, Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas, falen de satisfacer a través da súa instrumental Cobre San Rafael "as condicións ambientais máis estrictas" cando o seu pasado de actividade está cheo de incumprimentos e sancións administrativas.

Cabe preguntarse como se pode construír "o mellor proxecto industrial-mineiro de Europa", como afirma o CEO de Ayalaya Mining, Alberto Lavandeira, cando a empresa que comanda acumula expedientes sancionadores, coma o que a Junta de Andalucía lle impuxo á mineira en 2016 por graves incumprimentos en materia de seguridade laboral e protección medioambiental por superar o volume de pó en suspensión na carga e o vaciado de estériles nas entulleiras da mina onubense de Riotinto, que se suman ás sancións recibidas ao longo de anos por verteduras no autorizadas ao dominio público hidráulico. Neste senso, foron os propios técnicos de goberno andaluz os que advertiron do perigo de caída e volcado nas operacións de vertedura de estériles en depósitos e taludes que carecían de estudos xeotécnicos de estabilidade.

Doutro lado e tan só dous anos máis tarde, o Tribunal Superior de Justicia de Andalucía anulou a autorización ambiental do proxecto por obviar o procedemento de "exposición pública". Ademais, segundo se expuxo en sede xudicial no seu momento, a mina incumpriu as condicións impostas logo de verter lamas ao 70% ás balsas mineiras, provocando filtracións na base dos muros polo efecto das chuvias.


A situación ambiental do río Portapego a escasos metros do centro de saúde en Fonte Díaz, en Touro.

Explotacións Gallegas, máis do mesmo Pola súa banda, si Atalaya Mining ten un pasado cheo de incumprimentos, non hai máis que botar unha ollada ao de Explotaciones Gallegas para darse conta de que calquera proxecto que plantexen estas empresas vai ser problemático tanto para o medio ambiente como para a propia poboación.

De feito, Explotaciones Gallegas S.L. acumula expedientes sancionadores, coma os dous impostos en 2018 e 2019 de 20.000 e 30.000 euros respectivamente polas vertedudas de augas residuais por desbordamento ao río Brandelos á altura da corta mineira de Bama. En total, nos últimos anos a mercantil recibiu de Augas de Galicia ata catro expedientes sancionadores que superan os 60.000 euros.

Estas gravísimas irregularidades remataron no xulgado tras a actuación da Fiscalía, que tomou cartas no asunto logo das reiteradas verteduras da balsa de Bama ao río Brandelos, afluente do Ulla, e as verteduras tóxicas da balsa de Angumil ao dominio público hidráulico.


O novo proxecto da mina de Touro é inviable a nivel ambiental e social Tendo en conta estes feitos, a realidade é que ni Atalaya Mining nin Explotaciones Gallegas como copartícipes da empresa instrumental Cobre San Rafael están en condicións de falar publicamente de conceptos como "minería sostible", "minería responsable" ou de elaborar proxectos "con filosofía de vertedura cero" cando nin tan sequera son capaces de aplicalos na súa actividade cotiá.

Neste senso, a mineira parece olvidar que a Adminstración galega xa se posicionou por dúas veces en contra da reapertura do complexo mineiro afirmando que "non garantizaba a sostibilidade ambiental" e a seguridade para a saúde humana e os ecosistemas logo de recibir informes técnicos "desfavorables" e "insalvables" da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e Aguas de Galicia.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page