top of page

Cuiña acusa a Crespo "de enlamar a campaña mentindo sobre a súa postura sobre a lei do si é si"

O candidato de CxL lembra que xa se pronunciou en varias ocasións e de forma contundente contra esta lei e pídelle ao popular que rectifique e pida desculpas


Ecos da Comarca/Lalín

O candidato de Compromiso por Lalín, Rafael Cuiña, reclámalle ao alcalde, José Crespo, que rectifique e pida desculpas polas súas “vergoñentas, inaceptables e desafortunadas insinuacións” en redes sociais sobre a súa postura con respecto á Lei do “So Si é Si”. Crespo publicou un post en redes sociais no que pretendía facer ver, “de maneira desprezable”, unha suposta tibieza de Cuiña sobre as consecuencias que está a ter a aplicación desta Lei no que se refire á redución de condenas e excarceramentos para delincuentes sexuais.

Cuiña lembra que xa se pronunciou en diferentes ocasións e de maneira contundente en contra das nefastas consecuencias que está a ter esta normativa. De feito, recorda que incluso mantivo unha conversa pública coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, “na que ambos concordábamos nesta crítica”. “Seguro que Crespo non tivo tempo de ver as miñas declaracións”, ironiza Cuiña, “xa que estaría endebedando ao Concello ou facendo algunha infografía, e non se fixou”.

Con todo, lamenta “a falta de escrúpulos” do actual rexedor á hora de intentar desacreditar con mentiras sobre un tema tan sensible aos seus rivais políticos. Considera “unha demostración moi elocuente do cinismo político do PP que pouco despois de que un grupo de concelleiros dea unha rolda de prensa avogando por unha campaña sen falsidades, falacias e mentiras, o primeiro que faga Crespo sexa enlamala mentindo gravemente”.


Para evidenciar que Crespo "non é o máis indicado para dar leccións sobre supostas permisividades con agresores sexuais, lémbralle ao doutor Serrano. Este pediatra condenado por abusos sexuais a unha menor estivo nas listas do PP, foi homenaxeado por un dos gobernos de Crespo, quen ademais se negou a retirarlle as honras unha vez foi condenado".



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page