top of page

Música, gastronomía, deporte e teatro na programación de abril para Silleda

Laura Moure/Silleda

Música, gastronomía, deporte e teatro centran a programación de abril para o municipio de Silleda. Arracou onte coa celebración eun obradoiro de confección de Rosquillas no local social da parroquia de Abades, onde ten  a súa orixe no século XIX este afamado postre silledense. Foi a antesala da Romaría da Rosquilla, que volta o domingo de Pascua (día 8) organizada pola Asociación A Costa en colaboración co Concello de Silleda. Onte tamén tivo lugar o Festival de Bandas de Silleda, ca actuación da formación anfitriona, a municipal de Silleda e a Unión Musical de Guláns, unha das citas musicais do calendario da agrupación que leva case tres décadas organizando este certame e pola noite, estreouse a Festa do Raxo de Graba, que baixo a organización do colectivo Coto do Castelo busca poñer en valor un dos produtos máis  arraigados na cociña galega.


A gastronomía terá continuidade no calendario de abril, ca Festa dos Callos de Ansemil-Martixe, que volta o sábado 22, a Romaría Enxebre Gastronómica de San Marcos en Lamela o día 30 e a primeira Gala da Empanada, que organiza o colectivo Amigos da Empanada da Bandeira o sábado día 8 de abril no auditorio Manuel Dopazo.


A música tamén continúa da man dos Recanteiros do programa Luar da TVG, que se reunirán o sábado día 15 no auditorio Dopazo nunha gala presentada polo cantante silledense Mixel (21:00 h.).

Para os máis pequenos, na semana de celebración do Día do Libro, chega á biblioteca municipal un obradoiro de Dobraxe, que terá lugar o mércores 20 de abril, cun divertido obradoiro no que os nenos e nenas a partir de 8 anos aprenderán o proceso de dobraxe das películas.

 

O porco de pé, no salón de Silleda

Outra das grandes citas de abril chega novamente co teatro, da man da compañía Mofa e Befa, que despois do gran éxito da pasada semana con “Pirolíticos” volta ao noso municipio con “O porco de pé” o día 23. Victor Mosqueira e Evaristo Calvo comparten desta volta escenario con Patricia Vázquez nunha divertida versión da célebre obra de Vicente que vén de acadar tres premios María Casares; Mellor Adaptación (Quico Cadaval e Pepe Sendón), Mellor Actor Secundario (Evaristo Calvo) e Mellor Vestiario (Carlos Alonso). A cita será no salón parroquial de Silleda ás 19:00 horas, con entrada libre.


Capital do fútbol feminino, Transgalaica e carreira de orientación

Por outra banda, o deporte tamén está presente en abril na axenda silledense. Así, o vindeiro martes día 4 celebrarase nos campos de Outeiriño e da Gandareira a final do Campionato Galego de Seleccións Comarcais. A cita será cas selección de Fútbol 11 (Sub-14) no campo de Outeiriño, dende as 10:00 horas e co Fútbol 8 (sub-11) na Gandareira.

Tamén o domingo 23 se disputará no municipio unha nova proba da Transgalaica, co clube BTT Trasdeza como anfritrión, con saída dende a praza da Bandeira.


E por último o sábado 29 de abril volta a Carreira de Orientación á vila de Silleda, ca proba que se disputará a partir das 17:00 horas.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page