Ecos da Comarca/Silleda
Contigo Silleda denuncia "o lamentable estado dun camiño en Currospedriños despois de acondicionalo". Veciños do lugar de Currospedriños, sinala, "non saían do seu asombro cando o xoves pola noite atópanse, que o camiño que dá acceso ás vivendas do núcleo rural, estaba repleto de montóns de terra, era imposible acceder ás vivendas".
"O Concello estaba a estender terra no trazado do vial, para tapar o miserable estado do firme do camiño. Din que non hai diñeiro para arranxalo. Un veciño deste lugar estaba a levar a cabo os traballos, con autorización do Concello, que non fixo nada para frear esta barbaridade. O estado actual do camiño leva creando considerables prexuízos nas zonas de acceso a vivendas, hai propiedades privadas que están repletas de materiais que foi arrastrando as choivas. A modificación da cota do pavimento, agrabaría os problemas".
Publicidade
O representante da formación municipalista, Julio Ramos, propuxera no seu día ao Concello un plan de melloras para acondicionar o camiño, con todos os servizos que require a zona, tales como a limpeza integra da ocupación do trazado e acotamiento dalgunha zona do camiño, un sistema de recollida e canalización das augas pluviais e escorrentías. "Do mesmo xeito que o pavimento deberá ser en formigón e malla metálica. O trazado lonxitudinal do camiño son pouco máis de 400 metros".
Publicidade
Contigo Silleda insta o goberno Local a que dé solución ás demandas veciñais, a limpeza da terra estendida, emendar as zonas afectadas e actuacións de urxencia no camiño.
Comments