top of page

Condutores quéixanse do estado "lamentable" que presenta a saída de Touro da A-54

Consideran que "é unha vergoña" e instan "a que se arranxe canto antes"


Laura Moure/O Pino

Condutores que empregan a miúdo a saída da A-54 en dirección a Touro quéixanse do mal estado que presenta esta estrada, algo que veñen denunciando desde fai anos. Este vial é propiedade do Concello de O Pino, pero no seu momento o goberno local alegou que debía ser o Ministeiro de Fomento quen o arranxase porque estropeuse durante a execución da autovía que unirá Santiago de Compostela con Lugo. Pero mentres os quen sofren as consecuencias son os usuarios que se vén na obriga de pasar por aí.


"Como veciño que usa habitualmente este tramo non me parece moi adecuado que a saída dunha autovía pareza talmente unha corredoira. Fai practicamente un ano ou ano e algo que lle ampliaron un anaco, pero non se solucionou nada. Porque co paso de camións que entran cara a mina de Touro, cara as granxas da zona... pois xa está basicamente igual que cando a arranxou o Concello do Pino", apunta un destes condutores que circula a diario por aquí.


Sinalan que este traxecto, que serve de enlace entre a autovía e a N-547, está cheo de fochancas "que tes que estar esquivando continuamente e hai cousa dun mes había dous buratos bastantes pronunciados, xusto pola metade do tramo, que de feito, unha das veces non deixei alí unha roda de milagre", indica un usuario. "E desde hai 15 días alguén, non sei se unha persoa que pasa por alí ou un veciño, xa que as autoridades pertinentes non fan nada, botoulle unha pouca zahorra, pero ao pasar os vehículos en dous días está igual", apunta.


Ademais, sinalan que "cando taparon por riba os baches do vial que vai de Bama ao Pedrouzo aquí tamén botaron un pouco aglomerado, pero segue habendo cada fochanca!". Instan a tomar as medidas necesarias para que alguén bote man deste traxecto. "Porque non nos parece moi normal que unha saída dunha autovía que dá acceso a un concello como é o de Touro e que agora queren poñer en auxe o texido empresarial teña este estado lamentable. É un vergoña", lamentan.


Polo tanto, insisten na importancia de que se arranxe canto antes por todos os obstáculos que provocan ao circular por aquí, pero tamén para evitar un accidente.

Os desperfectos que ten esta estrada que enlaza ca autovía.

Autor: Ecos da Comarca

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page