top of page

Concellos das Comarcas vólcanse con Portomarín para que se convirta no pobo Ferrero Rocher 2022

Laura Moure/Xeral

Concellos das Comarcas como Palas de Rei e Touro vólcanse nas redes sociais para que Portomarín se convirta no pobo Ferrero Rocher deste Nadal. Son sete os municipios que aspiran a gañar e deles Portomarín é o único galego.

O concello ganador brillará como nunca gracias a Ferrero Rocher que o transformará nunha vila con maior encanto, chea de luz e alegría. Os sete que se disputan esta distinción son, ademais de Potomarín (Lugo), Aínsa (Huesca), Cazalla de la Sierra (Sevilla), Chinchón (Madrid), Mojácar (Almería), Santillana del Mar (Cantabria) e Sigüenza (Guadalajara).


Cabe mencionar que nesta nova edición de Juntos brillamos más participan o maior número de localidades con respecto a anos pasados. Así mesmo, por primeira vez, cada un dos municipios contan co apoio dun dos concellos gañadores en periodos pasados. No caso de Portomarín, é Astorga quen dá todo o apoio ao pobo galego deste ano.

Prazos

Este concurso está composto por dúas fases. A primeira delas arrancou o pasado día 10 e finalizará o 30 deste mesmo mes. Será o 1 de decembro cando se anunciarán aos tres pobos finalistas e aí arrancará de novo as votacións. Neste caso, os interesados poderán votar ata o 11 de decembro. E será ao día seguinte, 12, cando Ferrero Rocher dea a coñecer ao gañador.


Votacións

Os interesados poden votar no seguinte enlace:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page