top of page

Compromiso por Lalín recuperará a convocatoria anual do premio Aldea Singular

Ecos da Comarca/Lalín

O candidato de Compromiso por Lalín, Rafael Cuiña, recuperará a convocatoria anual do premio Aldea Singular. Esta iniciativa, que estivo vixente durante o anterior mandato, foi suprimida “de maneira incomprensible” polo Partido Popular, ao igual que sucedeu coas eleccións a alcaldes e alcaldesas de barrio.


“Son dúas claras mostras do desprezo do goberno de Crespo cara a capacidade das nosas parroquias para intentar traballar con criterios propios e con autonomía na defensa dos seus intereses”, di Cuiña.

Por iso, fronte ao intento do PP de “condicionar a defensa do rural aos intereses de uns poucos e de controlar á súa veciñanza”, o candidato de Compromiso defende que a recuperación deste premio. Incide en que “permitirá avanzar nunha das nosas prioridades para o vindeiro mandato: a recuperación e rehabilitación das nosos lugares e aldeas, ao tempo que se fomenta a participación cidadá na toma de decisións sobre o que queren para o futuro das súas parroquias”.


O premio Aldea Singular servirá para que a veciñanza poida financiar a través do Concello as actuacións de interese xeral que consideren oportunas para as súas parroquias. A contía que financiará cada ano o Concello, que tamén se encargará da tramitación administrativa e licitación dos proxectos, ascenderá a 50.000 euros, cun considerable aumento con respecto á anterior dotación, que estaba en 15.000.


Nas primeiras edicións deste galardón resultaron premiados os proxectos presentados polas parroquias de Soutolongo, Zobra, A Xesta e Doade.

O premio Aldea Singular quere recoñecer aquelas iniciativas que incidan de modo notable na defensa e conservación do rural lalinense. As actuacións que se propoñan deberán estar relacionadas coa conservación da súa contorna natural, ambiental, do seu patrimonio histórico, cultural ou artístico, en iniciativas de impulso económico e social, na promoción turística ou na realización de obras sempre que todo elo redunde en beneficio común.


Ademais do premio para o investimento, entregarase aos representantes da aldea un trofeo conmemorativo e sinalarse nesa aldea (no lugar que así o indiquen os veciños) un cartel, panel ou sinalización que lembre a entrega do galardón.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page