Os contratos, a xornadas completa, terán unha duración de 9 meses
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda conta xa cun total de 12 persoas como novas operarias por un período de 9 meses. Esta contratación levouse a cabo a través da Liña 3 do programa Plan Concellos, da Deputación de Pontevedra, organismo que vén financiando nos últimos anos esta iniciativa de contratación, no marco da loita contra o desemprego.
En total destínanse a este programa 187.290,54 euros, a maioría aportados pola Deputación de Pontevedra (185.290,54 euros).
Para este exercicio, contarase cun condutor de camión e outras 11 persoas como peóns de obras públicas, para a realización de tarefas vinculadas ao plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
Despois do proceso de selección levado a cabo nas últimas semanas, o novo equipo comezou xa onte a traballar, logo da benvida do alcalde, Manuel Cuiña, e os concelleiros de Obras, Antonio Ferro e de Emprego, Pili Peón.
Ademais da limpeza e mantemento de vías, este novo equipo tamén virá a reforzar os sevizos municipais en distintos ámbitos “Un ano máis volvemos a contar con personal a través do Plan Concellos, unha medida que ademais de contribuir a creación de emprego no noso municipio tamén vén a mellorar a prestación de servizos á nosa veciñanza”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.
Comments