Nas distintas localidades das comarcas podemos atopar verdadeiras obras de arte que fan pobos máis acolledores
Laura Moure/Xeral
Cada pobo ten o seu recuncho especial, o seu Patrimonio do que presumir ou a súa cultura particular. Ademais hai certas mostras de arte que contribúen a súa beleza e que os converten en pobos máis acolledores polos que apetece pasear.
Se nos damos unha volta polos 17 concellos das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa podemos atopar verdadeiras marabillas, entre elas murais de artistas que plasman todo o seu talento en muros e fachadas convertíndoos en grandes obras de arte. É o caso deste situado na Ronda da Coruña de Melide, localidade na que podemos atopar máis dunha mostra desta arte. Ademais, cabe recordar os murais de Estrella Galicia de distintas localidades, como o de Arzúa e o do Pino.
En Agolada un artista anónimo deixou pegada en distintos lugares: como nas tapas das alcantarillas, en marquesiñas, como esta de Vidueiros, ou incluso, en lavadoiros.
En Agolada os coloridos tamén se deixan ver por distintos sitios.
Ademais destes coloridos, noutras localidades tamén podemos atopar versos destacados da literatura galega. Son o caso por exemplo, dun de Manuel María que se atopa nun paso de peóns de Melide, ou un de Rosalía de Castro que embelece un dos parques de Arzúa, e nestes tiveron moito que ver o alumnado do municipio.
Os versos tamén endulzan as rúas.
Comments