top of page

Colisión entre un coche e unha moto na parroquia lalinense de Filgueira


Ecos da Comarca/Lalín

Este luns produciuse un accidente entre dous vehículos no concello de Lalín que se saldou cunha persoa ferida.

Foto de arquivo. Autor: Ecos da Comarca.

O 112 Galicia foi alertado por un dos implicados ás 19:09 horas. "Tratouse dunha colisión entre un coche e unha moto no Espiño, na parroquia de Filgueira", informa o 112 Galicia.


Este mobilizou a Urxencias Sanitarias, ao GES DE Lalín, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico e tamén informou aos Bombeiros de Deza, que non tiveron que desprazarse.

"Informáronos que o motorista atopábase de pé, pero si que precisaba asistencia médica", indica o 112 Galicia.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page