Esta formación forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego que cofinancian Fundación “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo (FSE)
Ecos da Comarca/Silleda
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) fixo entrega dos
diplomas ás 13 persoas que se formaron no curso de Acompañante de transporte impartido na Casa da Xuventude de Silleda e que todas elas remataron satisfactoriamente.
Para recibir esta acreditación, tiveron que superar as 55 horas lectivas, das que 25 foron
teóricas. O resto, as 30 restantes, foron horas de prácticas realizadas en empresas da zona
de residencia habitual do alumnado, coa finalidade de facilitar o contacto co tecido
empresarial da zona durante a busca de emprego e, polo tanto, a súa inserción laboral.
Precisamente, unha das persoas do curso iniciou a traballar na empresa na que realizou as
súas prácticas.
Este curso forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego que financia
Fundación “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo (FSE) e que iniciou COGAMI no ano 2017 co fin de mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade da provincia de Pontevedra.
As 13 persoas formadas, todas elas con certificado de discapacidade ou incapacidade
laboral para a profesión habitual, proceden dos concellos de Silleda, Lalín e A Estrada e
todas tiñan idades comprendidas entre 25 e os 63 anos.
Comments