top of page

Cogami busca persoas interesadas en formarse como acompañante de transporte en Silleda

É imprescindible ter o certificado de discapacidade ou estar en posesión dun certificado de incapacidade laboral para a profesión habitual


Laura Moure/Silleda

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade ten programado un curso de Acompañamento de transporte que vai impartir na Casa da Xuventude do Concello de Silleda (Rúa Trasdeza nº 90), en horario de 9 a 14 horas.

As persoas que queiran participar nesta formación deben contactar coa oficina que COGAMI ten aberta en Pontevedra no teléfono 986 863709 ou a través do correo electrónico silpontevedra@cogami.gal.

 

A formación de acompañante de transporte contará cun total de 65 horas lectivas, das que 25 serán teóricas e impartiranse dende o 20 ata o 24 de febreiro, e 30 horas van ser desenvolvidas como prácticas en empresas da zona, realizándose  dende o 28 de febreiro ata o 27 de abril.


Esta formación é unha das accións que promove o programa Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo, co fin de ofrecer oportunidades para poder acceder ao mercado de traballo por primeira vez ou para lograr a reciclaxe profesional.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page