top of page

Chegará a Monterroso un dos espectáculos de maxia co Galicia Ilusiona dentro do Xacobeo 21-22

Laura Moure/Monterroso

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, presentou este martes o Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona, que percorrerá 17 concellos lucenses, entre eles Monterroso, desde o vindeiro 3 de agosto ata o 3 de setembro, con outras tantas actuacións de recoñecidos magos e magas. Da man do Xacobeo 21-22, a Xunta de Galicia levará por toda a provincia distintos espectáculos de maxia de preto, extrema, maxia na rúa, solidaria e unha gran gala, coa presencia de sete dos mellores magos e magas a nivel mundial.

Na presentación deste evento, Javier Arias estivo acompañado polos dous directores deste festival, os magos galegos Pedro Bugarín e Dani Polo (melidense), encargados de deseñar un programa con máis de 220 actuacións en máis de cen concellos galegos.

ree

A gran gala máxica internacional será un dos pratos fortes deste festival, que en Lugo terá lugar o 3 de setembro no auditorio Gustavo Freire e que contará coa presencia de sete dos mellores magos e magas do panorama internacional, encargados de traer ata Lugo actuacións de maxia de preto, escapismo, maxia de gran formato, telequinese, mentalismo, poesía máxica ou ilusionismo infantil. A gran gala máxica será o único espectáculo deste festival para o que se precise entrada, aínda que o custo é reducido, cun prezo único de 12 euros, para as entradas que xa están á venda en www.galiciailusiona.es.

A outra gran actuación, prevista para o 24 de agosto, tamén na cidade de Lugo, será na Rúa da Raíña, ata onde levará o seu espectáculo de maxia extrema Víctor Cerro, considerado un dos mellores escapistas do mundo e record mundial en maxia extrema. O reto estará presentado polo xornalista deportivo Terio Carrea e terá como protagonista un vehículo de gran cilindrada.

Ademais de na cidade de Lugo, Galicia Ilusiona levará a maxia ata outros 16 concellos nos que actuarán algúns dos mellores ilusionistas actuais como o Mago Teto, Nacho Samena, Patri Zenner e Roberto Lolo. Todos eles levarán a súa maxia ata Burela, Chantada, Cervo, Castro de Rei, Foz, Cospeito, Guitiriz, Friol, Monforte de Lemos, Sober, Outeiro de Rei, Monterroso, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro. (De momento, non transcenderon as datas concretas en cada localidade).

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Todos estes concellos acollerán espectáculos de balde de maxia na rúa, desde o 3 de agosto ata primeiros de setembro, un mes que tamén celebrará unha xornada de maxia solidaria, programada para o día 2 no Hula, entre o vindeiro 3 de agosto e o 3 de setembro, unha data na que serán os propios magos os que se acheguen ás plantas de pediatría, onde representarán os seus mellores xogos de maxia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page