Ecos da Comarca/Xeral
Todas elas foron trasladadas polos servizos sanitarios, dúas delas no helicóptero medicalizado con base en Ourense e as restantes en ambulancia.
Un particular deu o aviso a 112 Galicia cinco minutos antes das 13:30 horas da tarde: acababa de presenciar un accidente con dous vehículos implicados na saída dun polígono industrial situado na parroquia de Piñeira. Durante a conversa indicaba que había persoas incapaces de abandonar o vehículo.
Nada máis recibir o aviso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaron un operativo no que tomaron parte Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros, a Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Monforte e os operarios dos servizos de mantemento da estrada.
Publicidade
O persoal sanitario anunciaba ao mesmo tempo que estaba a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Pola súa banda, os Bombeiros de Monforte fixeron uso do seu material de excarceración para liberar a catro persoas, que serían evacuadas polos servizos sanitarios.
Finalmente, os operarios de mantemento encargáronse de restablecer as condicións óptimas para a circulación no punto.
Comments