top of page

Casos de coronavirus nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa

Actualizado: 28 ene 2021

Ningún concello destas catro comarcas están libres de coronavirus e en moitos destes a pandemia vai en aumento. Aquí se reflexan o número deles, municipio por municipio. Estes datos proceden do Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou das páxinas institucionais dos Concellos.

Cabe mencionar que na comarca dezana,

en Agolada (Pontevedra) son 29 casos, como indica o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, e non 25 como aparece na web do Sergas, polo tanto, hai que ter en conta que as cifras que ofrece este organismo a través do seu portal non están actualizados. Destes 29, catro persoas están hospitalizadas e no cribado que se lle realizou ao alumnado do CEIP de Agolada saiu un nen@ positivo.

En Rodeiro (Pontevedra), tal e como informou a este medio o alcalde, Luis López, hoxe deuse un novo positivo, unha alta, polo tanto, hai dous casos activos.

E en Silleda (Pontevedra), tal e como indicaron fontes municipais, hoxe contabilízanse nove casos novos, pero tamén houbo altas. Segundo os datos do Sergas, neste municipio son 102 os novos casos diagnosticados nos últimos 14 días.

Por último, o Concello de Melide (A Coruña) solicita ao Sergas a realización dun cribado poboacional ante o incremento de casos positivos.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page