top of page

Case unha vintena de negocios de Melide ofrecerán descontos desde este venres 26 ata o domingo 28

A cita está promovida por Asetem e sustitúe ao tradicional Mercamelide deste mes


Laura Moure/Melide

Dende hai varios anos a Asociación de Empresarios da Terra de Melide (Asetem) celebraba no mes de febreiro a edición de inverno da feira de grandes oportunidades do Mercamelide. Este ano, dada a situación epidemiolóxica actual, tanto Asetem – CCA como o Concello de Melide, decidiron non celebrar esta cita como era habitual, pero acollerán unha actividade de grandes descontos no comercio local en Melide.


Esta campaña, organizada e promovida por Asetem, será entre o venres 26 e o domingo 28 de febreiro na que participarán preto de 20 establecementos melidenses. O lugar escollido para celebrar esta actividade serán as propias tendas participantes, o que axudará a non crear aglomeracións nin situacións que poidan poñer en perigo a saúde pública e terá lugar no horario comercial habitual de mañá e tarde.


Os negocios participantes

"Esta iniciativa ten como obxectivo principal impulsar e facer promoción do comercio de proximidade nun momento moi complexo para as vendas", indica o colectivo organizador. Os establecementos participantes pertencen, especialmente, ao sector da moda e o calzado aínda que tamén atopamos tendas de mobles, beleza e xoguetes. Son os seguintes: Calzados Broz, Colorín Colorado, Diva Pro hair & beauty, Electrosan, Marvi, Mis Mejores Labores, Mobles Ares, Modas Alfonso, Modas Dándolo, M&M Moda, Pequeniños Zapatería Infantil, Perfumería Lyss, Salacadula Shop, Shako Moda, Stardemoda, Sueños, Toysmaniatic, Tu boutik e Zapaterías Romero.


"Ademais, este venres entran en vigor as novas medidas impostas pola Xunta de Galicia o que permite a diversos concellos da comarca e de arredor poder vir a Melide para participar nesta iniciativa", apunta a asociación. Unha vez máis, dende Asetem– CCA, faise fincapé en que todos os comercios locais melidenses cumpren rigorosamente coas normas de seguridade promovidas polas administracións para facer fronte á Covid-19. Polo tanto, en palabras da xerente da asociación, Pilar López, “só queda animar á xente a participar nesta campaña de grandes descontos”

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page