top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Carta da Asociación Queremos Parcelarias en Agolada

O motivo do escrito é a comunicación por parte do Servizo Provincial de infraestuturas agrarias do informe de avaliación favorable para as concentracións de nove parroquias deste concello


Ecos da Comarca/Agolada

Deixamos por aquí un escrito que nos envía a Asociación Queremos Parcelarias en Agoalda.


Carta íntegra da Asociación Queremos Parcelarias en Agolada:

Despois da comunicación por parte do Servizo Provincial de infraestucturas agrarias do informe de avaliación favorable para as concentracións de 9 parroquias do noso concello, esta directiva quere dar publicamente as gracias a todos os socios e afectados polo seu apoio constante ás nosas demandas.


Esta asociación iniciou o seu traballo no ano 2018 para trasladarlle a administración o desencanto dos afectados, de porque despois de 14 anos de iniciados os traballos dos procesos de concentración (2004-2018), 8 desas 9 parroquias mantivéronse paralizadas e sen noticias durante 8 anos (2010-2018).


Foron 4 anos e medio intensos; máis de 1.600 días de loita cunha pandemia de por medio que estragou una gran parte do noso esforzo nun momento que empezabamos a ser referencia para outras asociacións que nos chamaban pedíndonos consello e chegando a reunirnos con varias delas.


Houbo un momento culminante, que foi a concentración en Santiago en novembro do 2019. GRACIAS as máis de 140 persoas que nos acompañastedes ese día. Aí CONSEGUIMOS QUE NON CADUCASEN AS D.I.A. ,senón teriamos que

iniciar todo de “0”.


Despois de 21 anos de iniciados os procesos (recollida de firmas 2002) e 4 anos e medio de loita da asociación, fixeron que finalmente reinase un pouco de sentido común. Falta conseguir a declaración positiva do estudo previo de inicio, último paso para decretalas.

Estamos seguros de que en poucos anos veremos novas fincas e unha estrutura da propiedade destas 11 parroquias (non olvidamos Sexto e Brocos) axeitadas os nosos tempos e que permitan un aproveitamento que xenere riqueza para o conxunto de todos os propietarios e mesmo para o Concello. É certo que hay un pouco de mellor talante nas administracións as cales nos primeiros anos foronnos moi esquivas e hoxe escoitannos; pero é mais certo que seredes vós os que conseguiredes que esto chegue a bo fin.


Esta directiva quere facerlle un rogo as 5 listas políticas que se presentan o vindeiro dia 28 de maio ás eleccións municipais: non utilicen esta asociación nin estes avances nas parcelarias en campaña electoral.


A Asociación, por suposto, porque queremos ser “apolíticos” e os avances porque despois de 21 anos de espera, benvidos son. Nós o día que se decreten, primeiro, e o día que se rematen faremos unha celebración para todos. De momento non toca.


Dende aquí queremos desexarvos sorte a todos, e que os veciños decidan o mellor para o Concello. O grupo que quede con responsabilidade de goberno, sorte na xestión. Os da oposición, axuda para recuperar este Concello.


Queremos comunicar publicamente a nosa decisión de presentar un proxecto con 3 puntos básicos no 1o pleno ordinario que se celebre unha vez constituida a nova corporación. Co fin de aportar ideas para desenrolar todos os proxectos presentados pola asociación, para levar a cabo en calquer punto do Concello. Teremos sempre unha man tendida a nova corporación sempre que eles estimen oportuno contar con nós e si consideran que podemos aportar algo positivo, pero sempre alonxados de ideoloxías políticas. Non quixemos facelo nestes meses para non interferir en procesos políticos.

Por último queremos agradecerlle o noso excompañeiro X.Ramón Blanco a sua dedicación como secretario e destacar que cando tomou a decisión de participar activamente no proceso do 28/5/2023 chamounos á directiva para xuntarnos e comunicarnos personalmente que dende aquel momento cesaba nas súas funcións.


GRACIAS a todos polo voso apoio e sabede que podedes contar con nós cando queirades, así como a corporación si o considera oportuno.


Un saúdo para tod@s.


J.Carlos Sánchez Fuciños. Pte Asociación Queremos Parcelarias


0 comentarios

Komentar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page