Carmen Pomar incidiu na EFA Piñeiral sobre a importancia das habilidades da intelixencia emocional
Inaugurou onte o curso de soft skills que levará a cabo o centro de formación profesional arzuán durante xaneiro e febreiro
Laura Moure/Arzúa
As competencias emocionais; claves para un bo desempeño laboral e un bo
desenvolvemento persoal é o título da sesión que impartiu a profesora universitaria e experta en psicoloxía emocional Carmen Pomar este mércores na Efa Piñeiral (Arzúa). Pomar incidiu na súa exposición na importancia que nos procesos de reclutamento
laboral están a cobrar as habilidades propias da intelixencia emocional.

Esta acción formativa enmárcase dentro do curso de SOFT SKILLS que o centro de
formación profesional impartirá ó longo do mes de xaneiro e febreiro e que ten
como cometido sensibilizar ós futuros profesionais que se están a formar na EFA
Piñeiral coas habilidades brandas máis demandadas nos seus entornos laborais e
no desempeño da súas profesións.
Ademáis da intelixencia emocional o alumnado da EFA Piñeiral aprenderá sobre a
importancia e dinámicas do traballo en equipo, a capacidade de organización e a
necesidade de desenvolver liderazgo e habilidades comunicativas.
“A nosa misión como centro é formar ó alumnado para que adquira competencias
profesionais técnicas, pero tamén integrais; dotar ó alumno de habilidades que o
capaciten para o traballo en equipo, a empatía, a resiliencia ou a xestión eficaz do
tempo e os recursos. Un profesional formado e Piñeiral non só debe destacar polo
que fai, senón por como o fai”, afirma Raquel Carregal, directora do centro arzuán.