A cita, dirixida especialmente a crianzas de 1 a 4 anos, chega este sábado día 3 á Casa da Xuventude cunha doble función
Laura Moure/Silleda
A compañía Caramuxo Teatro, pioneira no teatro para a primeira infancia, estará esta fin de semana en Silleda co espectáculo Zapatos, incluído dentro do proxecto o Primeiro Camiño,
dentro do programa “O teu Xacobeo”. A cita, con doble sesión, será este sábado día 3 na Casa da Xuventude –sita na rúa Trasdeza-, con senllas funcións para as familias ás 17:30 e ás 18:30 horas.
Zapatos, un espectáculo recomendado pola Rede Nacional de Teatro, e que obtivo ademais unha mención especial do xurado no Festival Internacional Val D’Albaida, está dirixido ao público infantil, de xeito especial a nenos e nenas de 1 a 4 anos. Con esta actividade, dende o departamento municipal de Cultura ábrese a programación do mes de setembro, que contará con máis actividades para o público máis novo.
Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familiar creada na Coruña en 2003. Os seus espectáculos, cun carácter poético e visual, están ideados para disfrutar en familia, tendo unha especial responsabilidad e co público máis novo, ademais de ser unha compañía pioneira en Galicia neste formato.
Comments