Canto durariamos segundo Einstein sen as abellas?
- Laura Moure
- 20 may 2024
- 1 Min. de lectura
Esta e outras curiosidades no vídeo que compartimos na noticia
Laura Moure/Xeral
O 20 de maio celébrase o Día Mundial das Abellas para crear conciencia sobre a importancia dos polinizadores, as ameazas ás que se enfrontan e o beneficio para toda a Terra. As abellas son os animais máis laboriosos da terra e co seu traballo benefician ás persoas, ao medio ambiente e á natureza.

Hoxe compartimos un vídeo sobre algunhas das curiosidades destes importantísimos insectos:
Publicidade
Ao transportar o pole dunha flor a outra conseguen que haxa unha variedade de froitas, verduras e sementes e contribúen a que ademais as colleitas sexan de mellor calidade, mellorando así á seguridade alimentaria e a nutrición. E por suposto, non podemos esquecernos do saboroso mel que producen ademais de todos o outros produtos que son tan bos para a saúde das persoas.
تعليقات