Laura Moure/Xeral
Os alcaldes de Pontevedra (72.566 euros), Vigo (70.755 euros) e Ourense (69.925) son os que máis cobraron polo seu traballo na comunidade galega no 2020, segundo os datos publicados este xoves polo Ministerio de Facenda e Función Pública coa actualización da información salarial dos cargos públicos da administración.
Queres saber canto percibiron en total os alcaldes das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa? Nesta táboa está a cantidade, así coma o número de habitantes do pasado ano e a dedicación que ten cada rexedor. Cabe mencionar que no Ministerio de Facenda non aparecen os datos referentes aos salarios dos mandatarios de Agolada, Vila de Cruces e Rodeiro.
*Fonte: Ministerio de Facenda e Función Pública.
Comments