top of page
Foto del escritorLaura Moure

“Camiño de Europa” unha iniciativa que servirá para promocionar o Camiño Francés

En Galicia forman parte do proxecto a Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés e o Concello de Melide


Laura Moure/Melide

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou a aposta do Goberno pola innovación do sector turístico apoiando proxectos como “Camiño de Europa”, a nova plataforma tecnolóxica que ofertará unha experiencia única de percorrido do Camiño Francés a Compostela. Pedro Blanco participou este martes na presentación oficial desta iniciativa, que conta co financiamento do Programa de Experiencias Turismo España, polo que recibiu 1,7 millóns de euros do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, dentro do Plan de Recuperación do Goberno.

A esta presentación tamén asistiu a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas. Pedro Blanco sinalou que este proxecto é un exemplo do proceso de transformación do sector turístico que impulsa o Goberno de Pedro Sánchez e “dos investimentos históricos deste Goberno na transformación do turismo en Galicia, de 200 millóns de euros en catro anos”.

Publicidade

O proxecto

O proxecto “Camiño de Europa” está participado por nove empresas, concellos e asociacións das comunidades por onde pasan o principal roteiro de peregrinación xacobea. En Galicia forman parte do proxecto a Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés e o Concello de Melide. O proxecto céntrase na posta en marcha dunha plataforma tecnolóxica que conectará de forma directa as persoas que queren vivir a experiencia do Camiño coas empresas e produtores locais. Todo co obxectivo de ofrecer unha experiencia única de descubrimento e de percorrido do Camiño e cun dobre beneficio.


Por unha banda, satisfará as necesidades dos peregrinos do século XXI, que poderán organizar a súa viaxe, coñecer o patrimonio cultural e artístico, consumir produtos locais e experimentar vivencias auténticas ao longo das localidades do Camiño que atravesan. Por outro, beneficiará aos negocios locais, uns 3.000 ao longo do roteiro, que poderán ofertar os seus produtos e experiencias nunha nova contorna dixital.


Publicidade

Experiencias Turismo España

“Camiño de Europa” forma parte do Programa Experiencias Turismo España, Lo unha iniciativa do Goberno para mellorar a oferta turística de España, impulsando iniciativas innovadoras e transformadoras a nivel nacional para promocionalas en mercados internacionais. O programa forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Gobernos e inclúe unha liña de axudas para promover estas experiencias ao longo do territorio e que xa vai pola segunda convocatoria.


Na primeira convocatoria, o Ministerio de Industria concedeu preto de 2 millóns de euros a 16 empresas, concellos e entidades de Galicia pola súa participación en 11 experiencias turísticas innovadoras. Entre elas, a do “Camiño de Europa”. Agora está en fase de resolución a segunda convocatoria, que conta cun orzamento de 20 millóns de euros.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page