top of page

Cal foi o nome de neno e nena máis elixidos no 2021?

Ecos da Comarca/Xeral

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe a Estatística de nomes dos neonatos galegos correspondente ao ano 2021, que reflicte que ‘Sofía’ e ‘Mateo’ seguen a ser os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia.

Os nomes de mulleres máis comúns son ‘Sofía’, ‘Noa’, ‘Martina’, ‘Lara’ e ‘Valeria’, que continúan nas primeiras cinco posicións se se compara co 2020.

En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os cinco máis frecuentes son ‘Mateo’, ‘Martín’, ‘Hugo’, ‘Leo’ e ‘Lucas’. A comparativa co ano 2020 reflicte que estes eran tamén os nomes preferentes nese ano, coa diferencia de que ‘Lucas’ estaba no terceiro lugar e no 2021 baixa ata o quinto posto, por detrás de Hugo e Leo, que ocupan o terceiro e cuarto posto respectivamente.

Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como en 2020, no caso dos nenos, todos os nomes se manteñen na lista, agás ‘Iago’, ‘Anxo’, ‘Mario’ e ‘Adrián’ que dan paso no 2021 a ‘Roi’, ‘Bruno’, ‘Luca’ e ‘Alejandro’.

En canto ás nenas, no 2021 incorpóranse ‘Emma’ e ‘Lola’ e desaparecen do listado dos 20 primeiros ‘Alma’ e ‘Uxía’.

Nomes máis frecuentes da poboación

O IGE tamén dispón da Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación a través da cal se pode coñecer a evolución histórica dos nomes en función da comarca, o xénero ou a década (desde antes de 1930 ata a década actual).

Esta estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome. Pódese consultar no seguinte enlace:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page