top of page

"Cada obra é creada con toda delicadeza e amor e chega ser un cachiño de min"

"Son autodidacta, polo que me gusta experimentar, e sobre todo aprender no proceso e foi en marzo co estado de alarma cando vin a oportunidade para empezar a sacar os pinceis"

Verónica Buján Casal cunha das súas obras ao fondo.


Entrevista á artista melidense Verónica Buján Casal


Laura Moure/Melide

Verónica Buján Casal, natural de Melide, aínda que se criou en Vimianzo, leva 12 anos residindo na localidade melidense. A súa paixón pola arte e o seu talento quedan plasmados nas súas variadas obras.


1. Cando descubriu a súa paixón pola pintura?

Vén dende pequena, conta miña nai que con dous aniños debuxaba e pintaba ovos fritos e reloxos a todas horas. Coa idade foi en aumento.


2. Como foron os comezos neste mundo?

Tiña claro que en algún momento me poñería a pintar, incluso me imaxinaba que pintaría e para que lugar da casa. O pasado mes de marzo cando se decretou o estado de alarma co conseguinte confinamento domiciliario vin a oportunidade para empezar a sacar os pinceis. A miña familia foi facéndome encargos, os cales me animaron a seguir coa pintura. Os meus fillos e a miña parella animáronme en cada proceso, o que me impulsou a seguir creando obras novas.


3. Que adoita pintar?

A idea sempre me chega sentada fronte ao lenzo en branco. "La inspiración existe, pero nos tiene que encontrar trabajando", decía o célebre Piccaso. A partir da idea e coa axuda da pintura, cobra sentido na tea. Aínda que nunhas cantas ocasións soñei coa propia idea.


4. Que técnicas emprega?

Utilizo técnicas mixtas moi diversas. Son unha persoa autodidacta, polo que me gusta experimentar, e sobre todo aprender no proceso. Entre elas está o "pouring art", unha técnica de arte abstracto fluído, tamén utilizo pasta de modeling para darlle corpo a obra, ou a resina líquida epoxi, un bo protector para a pintura.


5. Ten algún artista no que se inspira?

En xeral inspírame a vida, momentos do día... quen algunha vez non veu un atardecer propio de calquera obra de arte? Noutras ocasións son os mesmos lenzos que teñen unha orixe en si mesmos e constrúen como un organismo autónomo artístico neto, un proceso máis íntimo. O resultado é unha idea en estado puro que é transferida na materia dende o meu lado cerebral máis creativo. Tamén me inspiran grandes pintores y pintoras históricos, trasladando a súa esencia aos meus cadros. Son unha amante do impresionismo, gústanme artistas como Pierre Renoir, Edouart Manet, o magnífico español Joaquín Sorolla, polo que teño especial devoción.


6. Que che adoitan encargar?

Adoitan encargarme diversos estilos, dende abstractos personalizados xigantes, marismas, en outras ocasións son eu mesma a que lles aporto a idea. Si algo levan en común todas as miñas obras e que levan o mesmo cariño e dedicación en cada pincelada.

Sexa cal sexa o encargo sempre o vexo como un reto delicioso. Esta semana próxima comezo unha marisma xigante, a ver que sae de aí.


7. Que sente cando ve algún dos seus cadros colgados na casa ou negocio de alguén?

Cada obra é creada con toda delicadeza e amor, chega a ser un cachiño de min, deixando fluír a creatividade en ese momento. Ver finalmente esa obra colocada nalgún lugar é unha sensación do máis gratificante. Ese torrente de ideas en cada pincelada cobra sentido.


8. Hai algunha evolución nas súas obras?

Si, noto unha evolución. Paso por etapas nas que non só cambio a temática, senón tamén de técnica. Para min tratase de dar pequenos pasos nos que nunca ten cabida a frustración.


9. Hai algunha técnica ou temática pola que aínda non se decidiu, pero que lle gustaría nun futuro?

Hai varias técnicas coas que me gustaría familiarizarme, unha delas é o retrato, que é moi demandado. Outra é o muralismo interior, sen dúbida un gran reto, unha técnica de arte figurativo onde poder expoñer emocións de ideas a gran escala.


10. Expuxo nalgunha ocasión a súas obras?

Expoñer é un proxecto a corto prazo, aínda que dadas as circunstancias, son tempos delicados para todo, tamén para o arte e a cultura. Aínda con todo a idea róndame dende fai meses e tamén a temática.


11. Considera que son importantes para darse a coñecer?

Unha exposición sempre penso que é unha magnífica oportunidade para chegar ó público e dar a coñecer o traballo de cada artista, aproveitando a ocasión para obter críticas. Hoxe en día imaxes e sons viaxan pola rede e acaban no dispositivo de alguén, o europeo co africano, a vangarda coa tradición... isto propicia unha difusión do enorme potencial creador, unha gran exposición audiovisual do máis variopinta a través de internet.

Obras de Verónica Buján.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page