top of page

Bota a andar o Xogarzúa, o programa de conciliación no período estival que organiza o Concello

O alcalde Xoán Xesús Carril mantivo un encontro coas familias, no que se explicou o funcionamento do servizo nesta nova edición


Ecos da Comarca/Arzúa

ree

A próxima semana e ata o día 1 de setembro, botará a andar o Xogarzúa, un servizo de conciliación organizado polo Concello de Arzúa para axudar ás familias a conciliar a vida familiar e laboral durante os meses de verán. Por este motivo, o Concello organizou este luns un encontro con pais e nais das persoas usuarias deste servizo.

ree
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nesta xuntanza, o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, estivo acompañado do técnico de Igualdade do Concello de Arzúa, Adrián Gonçalves, e de representantes da empresa concesionaria do servizo, e as familias recibiron de primeira man información a respecto do funcionamento desta nova edición do Xogarzúa.

ree
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O alcalde arzuán sinalou que “o compromiso do goberno que lidero coa conciliación é claro e débense destinar máis recursos para garantir a atención de todas as nenas e nenos e facilitar que as familias poidan conciliar”.


“A demanda deste servizo é moi grande, e sen dúbida é intención deste goberno manter, mellorar e ampliar este e outros servizos de conciliación, imprescindíbeis nos tempos que corren xa que son un recurso educativo mais tamén un servizo público indispensábel para as familias arzuás,” concluíu.

ree
Preme na imaxe para contactar connosco.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page