Laura Moure/Monterroso
Na tarde do sábado 7 de maio tivo lugar XI edición da carreira popular Chantada. Nunha tarde de verán, e con gran afluencia de público, desenroláronse as diferentes probas que xuntaron a 537 inscritos. A carreira, que forma parte do Circuíto Miño-Ulla 2022, contou con
carreiras para menores, unha de cinco quilómetros e outra de dez. Na mesma participou o Run Run Monterroso.

O clube contou con 19 corredores entre eles a sete menores que desfrutaron nas súas respectivas probas. Destacar a boa labor dos corredores do equipo, con mención especial na proba de 10 quilómetros a dous corredores que subiron o podium nas súas respectivas categorías. Ander Castro foi 10º da xeral e subiu o terceiro chanzo do podium da súa categoría e o por outra parte Mari Carmen Gómez foi segunda da súa categoría.
Na carreira de cinco quilómetros destacar o terceiro posto de categoría do corredor do Run Run Monterroso Suso Bargados.
Comments