top of page

Boimorto ten aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán ata o día 23 de xuño

Será gratuito e terá lugar do 3 de xullo ao 11 de agosto


Laura Moure/Boimorto

O Concello de Boimorto levará a cabo un campamento de verán,subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade. Está dirixido a nenos/as nados entre o 2019 e o 2007 (ambos inclusive). E será dende o 3 de xullo ao 11 de agosto en horario de 9:00 a 14:00 horas, con servizo de madrugadores de 9 a 10 horas.

Poderán participar aqueles cativos empadronados neste municipio ou que acudan ao CPI Armando Cotarelo Valledor. Os non empadroados poderán participar cando queden prazas vacantes. No caso de que haxa máis solicitudes que nº de prazas (40 prazas) teranse en conta os seguintes criterios: nivel de renda, cargas familiares, familias monoparentais ou vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller. En caso de empate terase en conta a orde de rexistro.

O campamento será gratuíto. Para poder participar é imprescindible ter o carné de actividades municipais renovado.

O período de inscrición será do 12 o 23 de xuño (ambos inclusive) no Concello falando coa Animadora Sociocultural (Eva) con cita previa chamando o teléfono 981 51 60 20 (Ext. 2025).

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page