top of page

Boimorto, O Pino e Toques reciben axudas para a corrección de impactos paisaxísticos

Laura Moure/Comarca de Arzúa/ Toques

Nove concellos da área de Santiago beneficiaranse este ano da orde de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos en edificios e equipamentos públicos municipais, un programa pioneiro convocado polo Instituto de Estudos do Territorio (IET) no mes de setembro para avanzar na aposta da Xunta polo fermosismo. Nesta comarca repartíronse un total de 154.000 euros e entre os concellos figuran Boimorto, O Pino e Toques.

Todas as entidades locais beneficiarias no marco desta primeira convocatoria de axudas para corrixir impactos paisaxísticos en equipamentos municipais terán que executar os seus proxectos antes do 31 de decembro deste ano. Ademais, cómpre lembrar que estas subvencións veñen complementar e reforzar a orde de axudas convocada polo IET co mesmo obxectivo o pasado mes de abril pero dirixida, nese caso, a propietarios individuais e comunidades de veciños con proxectos de intervención sobre edificacións particulares.


64 entidades beneficiarias

Unha vez resolta a convocatoria e notificadas as concesións, 64 municipios galegos recibirán unha ou dúas subvencións ao abeiro do programa para corrixir impactos paisaxísticos en equipamentos municipais, cunh a dotación total este ano de 800.000 euros. De feito, o IET esgotou o orzamento dispoñible, un dato que reflicte a boa acollida que tivo esta nova orde de axudas entre o municipalismo galego, así como o seu compromiso coa protección da paisaxe en todas as súas formas.


Cómpre subliñar que estas subvencións van dirixidas a concellos de menos de 20.000 habitantes co fin de axudalos a emendar o impacto negativo que causan sobre as súas contornas tanto edificios e dependencias que acollen servizos municipais —liña A, dotada con 400.000 euros—, como determinado tipo de equipamentos públicos da súa titularidade —liña B, cun orzamento tamén de 400.000 euros—.


No caso da Coruña, esta provincia concentra o 28,1% do total de municipios beneficiarios, 18 entidades locais entre as que se repartirán un total de 258.058 euros.

CONCELLO

LIÑA 1

LIÑA 2

TOTAL AXUDA

Boimorto

20.244 euros

20.244 euros

O Pino

24.019 euros

24.019 euros

Toques


4.797 euros

4.797 euros



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page