top of page

Boas sensacións dos galaicos no Trail da Camelia de Vedra e na carreira popular de Padrón

Ecos da Comarca/Deza

Esta fin de semana varis corredores do GTR Galaico Trail Run participaron no Trail da Camelia, disputado no municipio de Vedra, e na carreira popular de Padrón. Tal e como indica o clube dezá os corredores volveron con moi boas sensacións.

O Trail da Camelia no concello de Vedra contou con dúas distancias. Por un lado, unha maratón de 44 quilómetros con 1.860 metros de desnivel positivo que levou aos participantes a subir ao cumio do mirador Gundián e seguidamente, ao imponente Pico Sacro. Aquí destacou a galaica Tamara García. "Que se está a sentir cómoda na distancia maratón xa que realizou unha magnífica carreira acadando o tercer posto do caixón cun tempo de 4h 51' e unhas moi boas sensacións tralo remate da mesma", sinala o clube. E no cadro masculino Manuel Conde conseguiu un estupendo posto 24 da xeral cun tempo de 4h 27' seguido por outros dous corredores do club como foron José Rendo que alcanzou o posto 29 con 4h 34' e Gustavo Villar o 36 facendo o percorido en 4h 51'.

"E na distancia de 14 quilómetros con 34 de desnivel positivo o corredor Manuel Adán foi o más rápido dos galaicos entrando cun magnífico tempo de 1h 07' e un posto 27 da xeral seguido de Belén Riádigos con 1h 11' e rozando o podium cun 4 posto en féminas, seguida de Cristina López cun tempo de 1h 25".


Tamén se desprazaron á carreira popular de Padrón de 10 quilómetros. "Varios soci@s e corredores do club demostraron a súa velocidade en asfalto. Das cales destacamos a Patricia Varela que acadou o 2 posto da xeral de féminas cun tempo de 38' 52", seguido por Camilo Framiñán que o recorreu en 40' 30"; Amalio Framiñán cun tempo de 44'13" e seguido de Andrea Saavedra con 49' 34. Todos eles acabaron con moi boas sensacións trala proba", resalta o clube.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page