"Conseguiuse que tanto os hábitos saudables, coma o goce do patrimonio natural e a cultura, fosen collidos da man para deleite dos/das alí presentes", sinala o Concello
Laura Moure/IsmaelRS/Santiso

A unión fai a forza e leva ao éxito e satisfacción. E isto foi o que tivo a primeira edición do Encontro 17 que se celebrou o pasado sábado en Ponte Arcediado (Santiso). Esta iniciativa estivo organizada polo Concello de Santiso e por distintas asociacións comarcais. A cita arrancou cunha andaina e ao longo do día tiveron lugar actividades para grandes e pequenos: maxia, monicreques, xogos populares, un xantar, parladoiros... Deixamos por aquí un VÍDEO que fixemos:
Publicidade
O Concello aproveitou este luns para agradecer a través das súas redes sociais a todas as persoas e entidades que fixeron posible esta aventura: "Acompañounos un día solleiro nesta intensa pero fermosa xornada e os/as que alí estivemos podemos dar fe de que houbo deporte, artesanía, maxia, música, amizade, debate, boa comida e, principalmente, diversión.Conseguiuse que tanto os hábitos saudables, coma o goce do patrimonio natural e a cultura, fosen collidos da man para deleite dos/das alí presentes".
Publicidade
"Por iso, desde o Concello de Santiso queremos agradecerlle a O Noso Lar Visantoña , a Aires da Beseña, Anpa A Xuntanza , a Asociación De Mulleres Rurais De Santiso - Amurusa, a Abeancos Santiso, Banda Escola de Música de Visantoña e aos grupos musicais e de espectáculos a súa colaboración, pois sen eles/as Encontro 17 non tivera sido unha realidade. O agradecemento queremos facelo extensivo á Deputación de A Coruña e ao Concello de Melide polo seu compromiso con Santiso. Grazas a todos/as e vémonos para o vindeiro ano".
Comments