Bioflytech desenvolverá en Palas un sistema de optimización da cría de mosca a través da IA
- Laura Moure

- hace 38 minutos
- 2 Min. de lectura
Liderará o proxecto de I+D+I a través da súa filial Alfaprogal e contará co respaldo do centro tecnolóxico ITG e a Universidade da Coruña
Laura Moure/Palas de Rei
A empresa implantada en Palas de Rei que transforma a larva de mosca soldado negra en fariña e graxa, liderará un proxecto europeo que aplicará a intelixencia artificial (IA) e sistemas de automatización avanzados á cría de insectos. O obxectivo é desenrolar un sistema intelixente que optimice a eficiencia e a trazabilidade da produción industrial das larvas, tal e como informou onte o Concello palense.

Dende a compañía, falan de que esta proposta permitirá plantear na comunidade un “novo modelo de ganadería estratéxica, alternativa á tradicional, máis sostible e tecnolóxica que, ademais, fomenta a economía circular”.
Bioflytech liderará o proxecto de I+D+I a través da súa filial Alfaprogal e contará co respaldo do centro tecnolóxico ITG e a Universidade da Coruña.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A finalidade e xerar un sistema de automatizado, intelixente e escalable que permita mellorar o rendemento e a pegada ambiental na produción. Para isto, usará a tecnoloxía máis avanzada na computación cuántica, o IoT, a automatización ou a intelixencia artificial.
Publicidade
Dende a compañía explican que utilizarán sistemas de sensorización e trazabilidade que permitan monitorizar en tempo real, todas as variables do proceso. Aplicaranse tecnoloxías de visión artificial e procesamento de imaxen para a detección e análise do estado do cultivo, así como algoritmos de IA e sistemas de automatizados para optimizar a alimentación, o risco e o control ambiental nas granxas. Así como, introduciranse modelos predictivos, ferramentas dixitais e estratexias de eficiencia enerxética e de reursos para reducir a pegada hídrica e de carbono.
Publicidade
A iniciativa conta co apoio do Ministerio de Ciencia e a Axencia Estatal de Investigación e está cofinanciada pola UE, conta cun prazo de execución de dous anos e un orzamento de 3, 6 millóns de euros.








Comentarios