Benestar Social reúnese coa Fundación Menela para implementar o proxecto +RuralTEA en Silleda
- Laura Moure
- 27 abr 2024
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
A concellería de Benestar Social de Silleda reuniuse este venres con Belén Fabeiro, representante da Fundación Menela, unha entidade social que atende ás necesidades de persoas con Trastorno do Espectro Autista e ás súas familias dende os primeiros anos de vida ata a idade adulta. Entre os aspectos que se trataron nesta reunión, destaca a posibilidade de implementar o proxecto +RuralTEA en Silleda, un modelo de intervención que permita o acceso e a mellora de servizos para as persoas con autismo que residan en zonas rurais.

Esta fundación deseña plans individualizados de apoio destinados a persoas con autismo que permanezan na súa residencia habitual ou institucionalizadas nunha contorna rural,
independentemente da súa idade. Tamén ofrece servizos asistenciais a domicilio, servizos de acompañamento, actuacións de respiro familiar ou para mellorar a autonomía persoal.
Publicidade
As familias que estean interesadas en participar no proxecto ou teñan algunha dúbida poden chamar ao departamento (986 59 20 37). O proxecto +RuralTEA está cofinanciado polo Fondo Social Europeo plus e a Fundación MAPFRE.
Comments