top of page

Azos Feministas organiza o sábado 4 de febreiro un novo "Café de Pota" coas mulleres de Moneixas

O obxectivo é contribuír a crear "espazos de encontro, conversa e coidado entre mulleres do rural"


Ecos da Comarca/Lalín

A asociación Azos Feminista de Lalín convida a participar nun novo encontro "Café de Pota" o próximo día 4. O local social de Moneixas dará continuidade a partir das 16:30 horas a esta proposta do colectivo feminista para contribuír a crear "espazos de encontro, conversa e coidado entre mulleres do rural".

O Café de Pota levado a cabo na Xesta.

Desde a asociación agradecen a implicación do colectivo de mulleres de Moneixas e animan a participar a todas as mulleres que o desexen, con ánimo de compartir un serán de charla e intercambio entre todas."


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page