Azos Feministas convoca unha concentración polo feminicidio de Beatriz Lijó, veciña de Baiona
- Laura Moure
- 7 feb 2023
- 1 Min. de lectura
Será mañá en Lalín
Laura Moure/Lalín
Azos Feministas únese á convocatoria de concentración para tomar as rúas de Galicia en resposta ó feminicidio de Beatriz Lijó, veciña de Baiona.

"Nin un paso atrás contra a violencia! Berraremos polas que faltan ata que non falte ningunha!", subliña o colectivo lalinense.
A concentración terá lugar mañá, mércores 8 de febreiro, ás 20:30 horas na Praza da Igrexa de Lalín.
Comments