top of page

Avanzan as obras de mellora na estrada que comunica Antas de Ulla con Chantada por Taboada

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Encárgase desta actuación a empresa melidense Construcciones Leonardo Miguélez SL


Laura Moure/Antas de Ulla

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou as obras de mellora da estrada provincial LU-P-1809 que comunica Chantada e Antas de Ulla por Taboada dos Freires cun investimento que supera os 150.000 euros. O proxecto inclúe a renovación de practicamente o conxunto da vía, actuando en máis de 20 quilómetros dos preto de 25 quilómetros que ten.

Tomé Roca comprobou os avances da empresa adxudicataria, Construcciones Leonardo Miguélez SL, que ten un prazo de execución de tres meses para estes traballos. Salientou a importancia da actuación que beneficiará de maneira directa a moitos veciños e veciñas da comarca da Ulloa e Taboada que transitan a diario por esta vía. “A mellora das comunicacións é unha prioridade para o Goberno provincial”, detallou o Presidente, que engadiu que “defendemos a mobilidade como un dereito básico dos veciños e veciñas da provincia porque cremos que unha boa rede de estradas é fundamental para o equilibrio territorial e para o desenvolvemento do rural, porque axuda a fixar poboación e a achegar os servizos”.


As obras consisten na reapertura de cunetas, saneamento da explanada e do firme nas zonas onde existe un blandón, tamén na reparación de fochancas e afundimentos que presente a vía e na repavimentación. Actuarase no treito comprendido entre os quilómetros 3,6 ao 23,8.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A institución provincial destina 17,3 millóns de euros dos seus Orzamentos para o 2022 ás tarefas de mellora do firme, roza de maleza, conservación e mantemento da rede viaria provincial, a máis extensa de todo o Estado e tres veces maior ca da Xunta en Lugo.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page