Ecos da Comarca/Antas de Ulla

Mediante resolución do 23/08/22 a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia adxudicou as obras para a transformación dos apartamentos tutelados para persoas maiores de Antas de Ulla nunha nova residencia de maiores con 58 prazas residenciais (25 cuartos dobres e 8 individuais, dos cales 14 prazas serán para persoas con demencia), lembra a Alternativa Veciñal de Antas de Ulla (AVA). "Estas obras suporán unha reforma significativa do edificio para a nova disposición de tódalas áreas e servizos necesarios para establecer unha residencia de maiores. O prazo de execución establecido pola Consellería é de 16 meses. Pero ante isto AVA faise varias preguntas.
"Ante preguntas desta agrupación polo tipo de residencia que se vai establecer, o alcalde manifestou no pleno de 29/03/21 que será de asistidos. Polo tanto, dado o cambio de tipoloxía de centro e a duración e a entidade das obras, preocúpanos a inminente recolocación dos actuais residentes, veciños de toda a vida da nosa vila", recalca esta formación política.
Tendo en conta o anterior AVA pregúntase: "en información o Concello relativa a onde e cando se vai producir a recolocación dos actuais usuarios dos apartamentos tutelados?; Ten información o Concello de se este traslado é temporal e está garantida á volta a nova
residencia da nosa vila (dado o cambio de tipoloxía)? Que xestións realizou o Concello de Antas de Ulla para garantir que este traslado sexa en centros próximos a Antas de Ulla? Solicitamos resposta a estas preguntas por escrito ou en sesión plenaria".
Comments