top of page

Atropelo no casco urbano de Lalín

IsmaelRS/Lalín

ree
Foto Arquivo

Hoxe sobre as 11 da mañá produciuse un atropelo no casco urbano de Lalín, máis concretamente na rúa Pintor Laxeiro nas inmediacións do Aparcadoiro público, segundo informou o 112 de Emerxencias a este medio. A voz de alarma deuna un particular quen daba constancia destes feitos ao 112, na mesma chamada solicitaba atención sanitaria para unha persoa á que acaba de atropelar un vehículo. Os servizos sanitarios confirmaron minutos despois que fora necesario evacuar a esta persoa ao hospital de referencia.


ree

O 112 de Emerxencia mobilizou aos servizos sanitarios, GES de Lalín e protección civil do municipio.


Eses son todos os datos que temos neste momento.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page