Ecos da Comarca/Lalín

Hai unha semana publicamos que un coche, un SEAT Ibiza Cupra, fora roubado no casco urbano de Lalín. Antonte foi localizado en Santa Comba (A Coruña) tal e como confirma a propia dona do vehículo. "Foi atopado pola Garda Civil".
Publicidade
"As palabras quédanse curtas para expresar o meu agradecemento a todos os que dun xeito ou doutro vos implicástedes. Mensaxes, chamadas, palmadas no ombreiro, noticias, publicacións... Grazas a vós os días pasaron mais rápido. Mención especial á Garda Civil, á Policía, aos xornais e a cada un dos que respondéstedes cunha mensaxe de apoio, con información ou cun sorriso. Grazas a vós o cupra durme na casa", agradeceu a dona do coche a través das súas redes sociais.
Publicidade
NOTICIA RELACIONADA:
Noticia do roubo do coche: https://www.ecosdacomarca.com/post/esta-noite-roubaron-un-seat-ibiza-cupra-en-lal%C3%ADn
コメント