top of page

Asetem e o Concello de Melide impulsan a campaña “Aberto os domingos”

hace 6 minutos
1 min de lectura

Laura Moure/Melide

A Asociación de Empresarios e Empresarias da Terra de Melide en colaboración co Concello de Melide pon en marcha a campaña “Aberto os domingos”, unha iniciativa destinada a fomentar as compras no comercio local e apoiar os establecementos comerciais e hostaleiros asociados que abren os domingos.

A campaña celebrarase os días 18 e 25 de outubro, datas nas que as persoas que realicen compras nos establecementos adheridos poderán participar nun sorteo de 200 euros. Para facelo, deberán xuntar tíckets de compra por un importe mínimo de 30 euros e subilos á aplicación móbil de Asetem.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En total, sortearanse 20 vales de compra de 10 euros cada un, que poderán gastarse nos establecementos asociados á entidade. Deste xeito, a iniciativa busca incentivar as compras de proximidade e contribuír a dinamizar a actividade económica local.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O sorteo terá lugar o martes 27 de outubro e a asociación dará a coñecer os nomes das persoas gañadoras a través das súas redes sociais e da súa páxina web.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page