top of page

As moras: un dos privilexios dos que vivimos na aldea

Actualizado: 27 sept 2021

Laura Moure/Xeral

Se me poño a enumerar os múltiples privilexios que temos os que vivimos no rural non me chegarían páxinas. E que en poucas palabras: é o mellor do mundo. E de feito, a pandemia da Covid fíxonos desfrutar das pequenas cousas da vida e afianzou a idea de que a aldea é un paraíso para vivir.


Un destes privilexios é o de saír a respirar aire puro, sen ni siquiera atoparse con ninguén, que en época de pandemia é toda unha sorte! E que me dicides diso de poder saír a andar en zapatillas de casa ou ler un libro debaixo de calquera árbore. E as moras? É incrible poder desfrutar destes froitos que atopamos nas silvas, que aínda que para collelas teñamos que pasar por algún que outro riferafe coas espiñas!


Son cousas que só os da aldea entendemos. Bendita aldea!

Moras. Autor: Ecos da Comarca.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page