top of page

As mascarillas deixarán de ser obrigatorias no transporte público a partir do 7 de febreiro

Haberá que seguir levándoa en farmacias e centros sociosanitarios

Laura Moure/Xeral

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, anunciou este xoves que o 7 de febreiro elevará ao Consello de Ministros "a proposta de eliminar a obrigatoriedade de levar máscara nos transportes públicos", atendendo á actual situación de estabilidade epidemiolóxica da Covid 19 e os informes de expertos e sociedades científicas. Mentres seguirá sendo obrigatorio levala en farmacias e centros sanitarios así como nos centros sociosanitarios para os seus traballadores e visitantes.

Segundo declaracións da ministra de Sanidade, o fin da máscara no transporte público aprobarase no Consello de Ministros do vindeiro martes 7 de febreiro.


Previamente, a próxima semana, Carolina Darias convocará o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS) para coordinar a medida coas comunidades e cidades autónomas, tendo en conta o informe do Relatorio de Alertas e Plans de Preparación e Resposta dependente da Comisión de Saúde Pública.

A ministra lembrou que todas as decisións adoptadas nas distintas fases da pandemia acordáronse no CISNS e agradeceu o esforzo e traballo de todas as administracións, os expertos e sociedades científicas, os profesionais sanitarios e a cidadanía.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page