top of page

As escritoras Ledicia Costas, Arantza Portabales e Nieves Abarca estarán este mes en Silleda

Será na iniciativa Mi pueblo lee e ademais de coloquios cas autoras, haberá un

obradoiro para o público infantil sobre mulleres que cambiaron o mundo


Laura Moure/Silleda

A programación cultural de marzo en Silleda completarase co festival Mi pueblo lee, despois de que o municipio se convertirá o pasado ano no primeiro de Galicia en sumarse a esta iniciativa. O certame celebrarase o venres 25 e o sábado 26 ca participación de tres

autoras galegas.

Así, o venres pola mañá estarán no auditorio da Semana Verde as escritoras Ledicia Costas e Arantza Portabales, que manterán un encontro co alumnado de Secundaria de Silleda, aberto tamén ao público interesado. Pola tarde, na biblioteca Daniel Castelao terá lugar o encontro con Nieves Abarca, ás 17:00 horas.


O festival rematará o sábado 26 cunha actividade destinada ao público infantil, co obradoiro Mulleres que cambiaron o mundo, no que os participantes descubrirán a través de cartas escritas por distintas mulleres as emocionantes vidas de distintas pioneiras no ámbito científico. Esta actividade está previsto que se celebre na praza da Igrexa de Silleda.

Pobo, cultura e igualdade fúndense nesta iniciativa na que participan recoñecidas firmas da literatura ca lectura como gancho. Esta rede cultural rede cultural que naceu no ano 2016, permitirá situar a Silleda nun mapa turístico-literario, facendo da literatura un elemento de dinamización do municipio en distintos ámbitos.


Ao igual que o resto das actividades programadas para este mes, as mulleres tamén serán protagonistas nesta iniciativa.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page