top of page
Perruquería Marisa.gif

As comarcas volverán ter hoxe venres os ceos nubrados, con algúns chuvascos dispersos e ocasionais

IsmaelRS/Xeral

Hoxe, venres, Galicia queda nunha situación intermedia entre un anticiclón que se coloca ó norte de Azores e unha borrasca que se vai achegando a Irlanda. Deste xeito, agárdanse brétemas no litoral oeste durante a primeira metade do día e ceos parcialmente nubrados con algúns chuvascos dispersos e ocasionais no resto, máis probables na metade norte. As temperaturas manteranse sen cambios significativos ou descenderán lixeiramente as máximas. Os ventos collerán compoñente norte co avance da xornada, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



5 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page