top of page

As comarcas terán hoxe venres os ceos pouco nubrados ou con intervalos de nubes altas

7 oct 2022
1 min de lectura

IsmaelRS/Xeral

Non se agardan cambios significativos para o venres, xa que Galicia continuará na influencia das altas presións, con réxime de ventos do nordés. Así, teremos nubes de estancamento con algunhas chuvias febles na Mariña de Lugo e ceos pouco nubrados ou con intervalos de nubes altas no resto. Pola tarde medrarán nubes de evolución en comarcas montañosas do interior que darán lugar a treboadas illadas. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará do nordés, frouxo no interior, moderado no litoral, con intervalos fortes en Costa da Morte, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page