top of page

As comarcas terán hoxe sábado temperaturas elevadas con probabilidade de chuvascos pola tarde

IsmaelRS/Xeral

Hoxe sábado quedará sobre Galicia unha masa de aire moi cálido que deixará temperaturas elevadas en toda a Comunidade e que provocará a formación de nubes de evolución, con chuvascos tormentosos máis probables a partir do mediodía que poderán vir ocasionalmente acompañados de sarabia. As temperaturas ascenderán, con máximas superiores aos 30ºC e sensación de calmuzo. O vento soprará do nordés, frouxo en xeral, forte entre Bares e Fisterra, tal e como comenta MeteoGalicia

Fonte: MeteoGalicia

Ademais, nas comarcas de Arzúa, Terra de Melide e Deza haberá hoxe alerta amarela por treboadas, localmente fortes, ocasionalmente acompañadas de sarabia. Esta alerta comenza ás 15:00 horas deste sábado e durará ata as 3:00 horas do domingo, tal e como informa Meteogalicia.

Fonte Meteogalicia.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page